Ferramenta de xestión fácil e sinxela que poderás comezar a usar desde o primeiro día.
O software de xestión que te acompaña na execución das tarefas diarias da túa organización
Ao automatizar as tarefas diarias, gañarás tempo para o realmente importante.
Agora toda a información da túa entidade estará dispoñible nun só lugar e en calquera momento para tódolos membros do órgano xestor.
Minimiza gastos e contribúe a crear unha comunidade máis sustentable.
cucunver é un programa de xestión para asociacións sen ánimo de lucro que facilita a xestión das tarefas diarias levadas a cabo polos directivos ou xestores dunha entidade.
Se estás a buscar un software de xestión para o teu club deportivo, para a túa organización cultural, educativa, de lecer, de protección e defensa para o medio ambiente, artística, etc… cucunver é o programa de xestión que se adapta ás necesidades reais da túa entidade.
Con cucunver levarás un control xeral do que pasa na túa asociación de forma fácil, en calquera momento e desde un único lugar. Isto permitirache aforrar tempo para dedicalo ao realmente importante: prestar servizo aos teus asociados e captar recursos.
Centralizar toda a información necesaria para un bo funcionamento da túa organización é posible coa nosa aplicación: