misión, visión y equipo del software de gestión para entidades cucunver

Cucunver facilita a xestión diaria da túa asociación

A primeira vista, cucunver podería parecer un software de xestión, pero é máis que iso.

Axudamos a facer as cousas de forma diferente a través dunha ferramenta de xestión online que se adapte ás necesidades específicas do día a día das asociacións sen ánimo de lucro e permita aos seus cargos directivos aforrar tempo e xestionar a mesma desde calquera lugar e en calquera momento. Traballamos para fomentar novas, útiles e sinxelas formas de organización do traballo nas agrupacións.

Detrás de cucunver hai un equipo experimentado en diferentes ámbitos e cunha longa traxectoria colaborando, xestionando e formando parte como asociados en organizacións, polo que coñecemos de primeira man as súas características e necesidades.

Somos un grupo de persoas realistas e auténticas. Traballamos desde a transparencia, a confianza e a responsabilidade; enfocados no presente de cucunver, pero sen deixar de soñar co que virá despois.

Unha empresa que manteña a súa esencia, a frescura coa que empezou, e favoreza a conciliación laboral e persoal para así soster a longo prazo un equipo de traballo creativo e innovador que constitúa unha comunidade capaz de inspirar a todos aqueles que nos rodean.
Noso equipo
Óscar Ortigueira, CEO Óscar Ortigueira Director executivo
Alberto Mandado, Diseñador gráfico Alberto Mandado Deseñador gráfico
Basilio García, Programador Basilio García Programador
Angela Cuiñas, Comunicación Angela Cuiñas Comunicación
Carlos Fontán, Responsable de ventas Carlos Fontán Responsable de ventas
reducir el uso del papel en las entidades la herramienta de gestión cucunver es posible gracias a los distintos programas de gestión para asociaciones que ofrece cucunver

Responsabilidade social

As entidades sen ánimo de lucro teñen un rol fundamental na nosa sociedade, a través dos servicios que prestan aos seus asociados melloran a comunidade que lles rodea.

Por iso, queremos aportar o noso gran de area.

En cucunver comprometémonos co coidado do medio ambiente contribuíndo –coa nosa tecnoloxía- a que os nosos clientes tamén o fagan

Un dos principais obxetivos de cucunver é lograr reducir a gran cantidade de documentos e información que existe en papel nas entidades sen ánimo de lucro.

Favorecendo así o aforro de papel para evitar a talla de árbores e o impacto ambiental que provoca a súa producción.

Os montes non serían os únicos beneficiados por unhas prácticas que favorecesen a recuperación de papel e o consumo do papel reciclado. A reciclaxe de papel aforra un 74% dos gases que contaminan a atmosfera e xera un 35% menos de contaminación nas augas. Greenpeace
Pequenos xestos que poden facer grandes cambios
Tips para que as entidades aforren papel con cucunver
  • Olvída o tradicional libro de socios!
  • Xera facturas, recibos, e remesas en PDF con cucunver e enviaos por correo electrónico.
  • Xera informes internos e enviaos aos demais membros da entidade por email.
  • Garda documentación na aplicación e evita imprimila para lela. Podes facelo de forma sinxela en calquera momento!
  • Promociona as actividades para os teus asociados a través de cucunver e evita ou reduce a impresión de folletos e carteis.
  • Xestiona as tarefas diarias desde a aplicación sen necesidade de ter un calendario impreso en papel.
Tips que cumprimos na nosa oficina para aforrar papel.
  • Só imprimimos no caso de que sexa estrictamente necesario, sempre que sexa posible contrastamos os datos en dúas pantallas.
  • Reutilizamos todo o papel que fose impreso por unha soa cara para realizar anotacións ou mesmo para imprimir información pola outra.
  • Planificamos e coordinamos as tarefas do noso equipo a través da "sección tarefas" da nosa aplicación cucunver, evitando o uso de planificadores e axendas en papel
  • Imprimimos a dobre cara tódolos documentos, así contribuímos a que a cifra de árbores que se talla ao ano se reduza á metade. Estamos a falar de millóns de árbores!
Utilizando algunha destas boas prácticas pódese reducir o 20% de papel en empresas, administración e entidades Greenpeace
la conciliación de la vida personal y profesional es uno de los principales valores de cucunver

Conciliación

"Conciliar: facer compatibles dúas ou máis cousas" Conciliar a vida laboral e persoal. Definición RAE

Cando se fala de conciliación, por norma xeral, o discurso refírese a conciliar a vida persoal e familiar de pais, e en particular das nais con fillos pequenos.

Pero, por que a conciliación non pode ser algo para todo o mundo?

Desde cucunver apostamos pola conciliación persoal, familiar e profesional de mulleres e homes, con ou sen fillos. Cada persoa é única e ten as súas propias responsabilidades e obrigas fóra da súa contorna de traballo.

Todos temos o dereito a manter unha carreira profesional plena e á vez poder reprogramar o tempo de traballo para dedicalo ao coidado da familia, a seguir formándonos ou ,por que non, a gozar do tempo de lecer co que nos faga felices.

Como favorece cucunver á conciliación persoal?

  • - O noso horario de traballo é flexible.
  • - Xornada laboral continua. A partir das 17:30 as portas da nosa oficina péchanse para todos ata o día seguinte.
  • - • Reunións de empresa en horario de mañá.
  • - Evitamos reunións innecesarias.

Os traballadores exercemos o noso dereito á conciliación de forma responsable e cumprindo coas nosas obrigas profesionais.